Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba acolle unha xornada sobre calidade do leite

Por 23 Novembro, 2017Sin comentarios

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), coa colaboración de ABANCA, organiza a xornada “A calidade é o primeiro” que se celebra este venres 24 de novembro entre as dez e media e as dúas e media no restaurante Montero, en Vilalba, dirixida a gandeiros e gandeiras que xa están certificando o leite das súas explotacións e tamán aos que traballan para conseguir a certificación, así como ao resto dos principais actores do sector lácteo de Galicia. O seu obxectivo principal é o fortalecemento do sector lácteo galego e o fomento da calidade do leite producido e comercializado en Galicia.

Farase fincapé nos últimos avances innovadores, estratexias e hábitos na produción de leite de calidade, en especial, abordando a seguridade alimentaria do leite producido e os sistemas de certificación máis demandados no mercado internacional lácteo.

Impartiranse cinco relatorios: “¿Por qué reducir antibióticos?”, “Alternativas aos antibióticos”, “Monitorización de granxas de vacún de leite”, “Avalización do Benestar Animal” e “Tendencias do mercado lácteo”.

A xornada é gratuíta, pero as persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao teléfono 982 20 15 14.