Skip to main content
Vilalba

Catro metais para os deportistas do Centro Deportivo Jansu na Copa Xunta 2017

Por 24 Novembro, 2017Novembro 26th, 2017Sin comentarios

Ata catro deportistas do CD Jansu subiron ao podio da Copa Xunta 2017.

Unha gran mellora é o que amosaron os participantes do Centro Deportivo Jansu na Copa Xunta de taekwondo.

De feito, lograban unha prata e tres bronces en Teo polos que recibían os parabéns do adestrador, Juan Carlos Quintana.

A prata foi para Iván Pazos, mentres que Santi Martínez, Pilar Lombao e Inés Poupariña se fixeron con cadanseu bronce nas súas respectivas categorías.