Skip to main content
ActualidadeVilalba

En Marea pide a retirada da subasta impulsada por Facenda dos terreos onde se atopan os xacementos de Pena Grande

Por 24 Novembro, 2017Sin comentarios

En Marea denuncia e pide a retirada da decisión do Ministerio de Facenda que se deu a coñecer este venres para promover unha puxa para o 15 de decembro dunha serie de bens e fincas situadas no xacemento de Pena Grande, no municipio de Vilalba.

Nesta puxa sacarase a subasta unha parcela de algo máis de tres hectáreas e media de superficie por 7.785,66 euros, na que se atopa un dos principais xacementos arqueolóxicos de Galicia.

“Por que razón decide o Ministerio poñer a subasta esta parcela?”, pregunta o deputado Fernán Vello ao Goberno, “é consciente do gran valor histórico e patrimonial, que pertence á Idade de Ferro, un dos xacementos máis importantes do Paleolítico en Galicia, onde se atoparon numerosas pezas de valor e unha?”.

Ante o enorme valor deste xacemento, En Marea pregunta ao Goberno pola súa disposición a cedelos gratuítamente á Xunta para poñelos en valor desde un punto de vista do patrimonio cultural e histórico.

Ante a gravidade dos feitos, o deputado Miguel Anxo Fernán Vello e a deputada Ánxeles Cuña ofrecerán o luns unha rolda de prensa para dar máis detalles das accións que se levarán a cabo.