Skip to main content
Begonte

Castiñeiro Milenario celebra a comezos de decembro a última foliada deste 2017

Por 26 Novembro, 2017Sin comentarios

O vindeiro sábado 2 de decembro Castiñeiro Milenario celebra a última foliada do ano 2017.

A xornada da Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario comezará cun obradoiro dedicado nesta ocasión ao baile tradicional, e máis concretamente, á construción de puntos para as foliadas, coñecementos que se poderán aplicar logo na foliada da noite.

O curso vai ser impartido por Xabier Iglesias e comezará sobre ás sete da tarde. O prezo será de 10 euros para persoas non socias, mentres que para as asociadas será de balde. As prazas son limitadas polo que os interesados e interesadas pódense apuntar polas canles habituais – a páxina de facebook, a través do correo electrónico ou do teléfono 616 705 174-.

Ao rematar o obradoiro, sobre as nove da noite, haberá uns petiscos para repoñer ou coller forzas para a derradeira foliada do ano coa música de Foliadeiros do Castro de Begonte e Asociación Musical e Cultural Milesios da Terra Chá. Ao rematar os grupos haberá foliada aberta.

A asociación agradece “profundamente” a “disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega” e á Asociación Veciñal do Castro “que, coma sempre, nos deixan o seu local”.