Ata 33 nomeados e 7 mencións especiais para a II Gala do Deporte Municipal de Vilalba

O Concello de Vilalba volve premiar aos mellores deportistas, clubs ou entidades polo seu labor a favor do fomento e promoción do deporte no municipio.

O nome dos premiados darase a coñecer o venres 8 de decembro a partir das doce do mediodía no auditorio municipal seguida dun xantar de confraternidade no restaurante Montero.

Esta segunda edición da Gala Municipal do Deporte terá en conta os méritos deportivos durante a temporada 16/17 e, polo tanto, na categoría de “mellor deportista de Vilalba” foron nomeados Ramón Monasterio (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Roberto Díaz Orosa (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Gabriel Tembrás Corrales (Taekwondo Moo Duk Kwan).

O TDM Sanjurjo Moda Feminino (TDM Vilalba), o equipo de competición 16/17 de acro e national dance (A.C En Movemento) e o R.C. Villalbés Xuvenil de fútbol (Racing Club Villalbés) son os tres equipos que optan ao premio desta temporada 16/17.

Os finalistas como “deportistas promesas” son Samuel García Miragaya (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Diego Villares (Racing Club Villalbés) e Beatriz Felpeto (Taekwondo Moo Duk Kwan).

Entre os “mellores adestradores deportivos” desta temporada 16/17 foron nomeados Adrián Expósito (TDM Vilalba), Simón Lamas (RC Villalbés) e Noelia Blanco (Acro e National Dance – A.C En Movemento).

A comisión avaliadora destes premios considera que os tres finalistas ao premio polo seu labor no deporte base deberían ser o TDM Vilalba (tenis de mesa), o Racing Club Villalbés (fútbol) e a Agrupación Polideportiva San Ramón (triatlón).

Entre os patrocinadores do deporte vilalbés foron destacados Valdesuso Peugeot (Vilalba FS), Junor (TDM Vilalba) e Inker Norte (Concello).

Atendendo á súa traxectoria deportiva, nesta segunda Gala do Deporte Municipal os finalistas ao premio son Pablo Vivero (RC Villalbés), Uxía Rodríguez (Moo Duk Kwan) e Ismael Vázquez (Vilalba FS).

Entre os premios a “unha vida dedicada ao deporte”, nesta edición son catro os finalistas: Pablo Vivero (RC Villalbés), José Luís Hernández Díaz (Ximnasio Senra), Jesús Roca Guerreiro (Moo Duk Kwan) e Jairo Fernández (Club de Tenis Vilalbés).

III Ruta BTT do Queixo San Simón da Costa.

Ao premio ao mellor labor informativo optan Radio Principal Vilalba, o suplemento semanal “A Chaira” e José Luís Ruiz Lombao; e ao mellor evento deportivo o Torneo Concello de Vilalba Tenis de Mesa, a III Ruta BTT Terra Chá de Ciclismo e a II Nocturna San Ramón 2016.

Finalmente, o premio como mellor deportista con diversidade funcional será para Iván Montero (ciclismo), ASFADIVI ou Gustavo Nieves (atletismo).

Ademais, recibirán cadansúa mención especial o xornalista deportivo e padriño do acto Alfonso Hermida, a xuiza de atletismo Marta Felpeto, a título póstumo Rosendo Rouco, o I Torneo festas San Cristóbal 1983 de fútbol sala, o equipo de Campo a través do Ínsua Bermúdez, Pee Franco (Protección Civil) e tamén a Policía Local.

Etiquetas