Skip to main content
Cultura TERRACHÁXAVilalba

Catro coros ofrecerán ‘Unha tarde de ópera’ en Vilalba co acompañamento de Aurelio Chao ao piano

Por 27 Novembro, 2017Sin comentarios

Os coros Cantar delas, Conxunto vocal Lugh, Coral Polifónica do Hospital e o Grupo vocal Sólo voces participan nunha gala lírica en dous actos que organiza o Concello de Vilalba coa colaboración do Conservatorio Profesional de Vilalba para o vindeiro sábado 2 de decembro a partir das oito do serán no auditorio municipal Carmen Estévez.

“Unha tarde de ópera” contaraá tamén con Aurelio Chao Fernández ao piano baixo a dirección de Fernando Gómez Jácome.

A entrada é gratuíta.