Skip to main content
ActualidadeBegonte

A Garda Civil evita o intento de suicidio dun home en Baamonde

Por 28 Novembro, 2017Sin comentarios

Unha patrulla do cuartel da Garda Civil de Baamonde frustraba na fin de semana o suicidio dun varón que tiña colocada unha corda nun árbol e unha caixa de plástico no chan para supostamente poder subirse e acceder ao seu propósito. Os axentes mobilizáronse con rapidez tras dar a alerta un veciño do home.

Os feitos ocorrían o pasado venres 24 de novembro na localidade de Baamonde onde os axentes intentaron tranquilizar durante varias horas ao presunto suicida sen minusvalorar o seu risco, avisando ao centro médico e a unha ambulancia para ser trasladado ao hospital Lucus Augusti para o seu ingreso e observación.