Skip to main content
Vilalba

Carlos Yobani convocado coa Selección Española Absoluta

Por 28 Novembro, 2017Sin comentarios

O vilalbés Carlos Yobani García foi convocado pola Federación Española para participar na concentración da selección española absoluta que ten lugar dende este luns 27 ao próximo sábado 2 de decembro e que servirá para testar aos posibles candidatos a formar o equipo absoluto da próxima tempada.

Carlos é aínda júnior de primeiro ano, pero tras esta tempada na que acadou a prata no júnior estatal e o bronce no absoluto, ademais dos éxitos nas diferentes probas internacionais, situouse no punto de mira de Francisco Barcia como responsable do alto rendemento da Federación que manifestou o seu interese por levar o seguimento deste novo loitador que adestra en Vilalba.

Sen dúbida, esta é unha grande oportunidade para Carlos de aumentar as convocatorias e participacións de alto nivel que tanto nos custan implementar neste tempos de crise.

Tamén está a participar na concentración o lucense Nicolás López que traballará co grupo de loita grecorromana baixo a supervisión de Óscar Sánchez. Nicolás, tras varios anos ás portas do ouro no estatal sénior, está agora situado como favorito para dominar a categoría dos pesos pesados da modalidade de grecorromana.