O BNG pedirá no Pleno de Guitiriz un “restablecemento” da política laboral do Concello

O voceiro do BNG no concello de Guitiriz, Xosé Lois González Souto (Pereira), presentou unha iniciativa ao Pleno da Corporación para “Restablecer a politica laboral dos traballadores do concello”. “Dende o BNG non entendemos a política laboral que se está aplicando en Guitiriz co persoal do Concello violando dereitos laborais básicos e que se estende a tódolos ámbitos laborais do Concello: as traballadoras de axuda no fogar, PAI, escola de música, os GES… case nos atrevemos a afirmar que non hai ningún traballador no Concello de Guitiriz que este a gusto coa labor que está a desempeñar o equipo de goberno capitaneado pola Sra. Polín” afirmou o voceiro do BNG.

O impago de trienios e outros complementos salariais recollidos no convenio, negativa de concesión de días de asuntos propios, negativa de periodos vacaionais, ausencia de calendario laboral, unha diferenza salarial desproporcionada entre o persoal funcionario e o persoal laboral,etc, son prácticas comúns na xestión laboral que xeneran queixas contínuas e unha avalancha de demandas xudiciais contra o concello de Guitiriz. “A política laboral do PSOE está a provocar unha sangría económica débido ás sentencias que se están dictando contra o concello de Guitiriz debido ás indemnizacións e despidos derivadas de contratacións irregulares ou de decisións políticas.”

“A Sra. Alcaldesa está actuando como si fose a mala xerente de unha empresa privada pero sen ter en conta que os cartos que manexa son de todos e todas, a política laboral que está a levar a cabo no Concello vai camiño de se converter no mais semellante a unha empresa escravista” afirmou Pereira que explicou que “non hai moitos días despediu a un dos traballadores dos  GES un día antes de finalizar o período de proba, despois de que este traballador denunciara a concreción das súas vacacións, que lle colocaran as libranzas de xeito que puidera asistir ós cursos de formación que ten a Xunta ou os EPIs que lle corresponden para desempeñar a súa labor”.

Dende o BNG fíxose un chamamento á cordura, á responsabilidade e ó sentido común e pediuse voltar á negociación como modo de superar as diferenzas laborais, ó respeto polos traballadores e traballadoras e pola labor que realizan e que fan posible que este Concello funcione e siga a prestar servizos a veciñas e veciños. Ás sete menos cuarto do xoves, 30 de novembro, celebrarase unha concentración diante do concello convocada pola CIG e apoiada polo BNG

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: