A representante do BNG no Parlamento Europeo explica na Pastoriza as repercusións da nova PAC

Miranda, Carrera e Mini durante unha visita á Pastoriza.

A representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, visitou a comarca de Lugo e participou nun acto no concello de A Pastoriza no que se aboradaron as repercusións das políticas europeas sobre o sector agro-gandeiro. Miranda deu conta co traballo realizado polo BNG nas institucións europeas nestes últimos anos e sinalou que “a voz do BNG é a única que defende os intereses galegos en Europa, e os problemas da Terra Chá e doutras comarcas de Galiza chegan a Bruxelas grazas á presenza do BNG”.

Miranda manifestouse contraria á reforma que se propón para a PAC por que “non é interesante para o noso modelo produtivo, por que segue a haber unha aposta por entregar os fondos europeos aos grandes latifundios e non ás persoas que verdadeiramente queren vivir do seu traballo no campo”. Ana Miranda sinalou que “no estado español un 20% das explotacións que reciben fondos da PAC absorven o 80 % dos fondos” e engadiu “a ninguén se lle escapa quen son os grandes beneficiados deste reparto” e concretou, como exemplo, á familia da duquesa de Alba ou á muller do comisario europeo e ex-ministro do PP, Arias Cañete.

Tanto Ana Miranda como o parlamentario do BNG, Xosé Luis Ribas “Mini”, coincidiron na necesidade de que o sector gandeiro teña “interlocutores” ante as institucións europeas por que “aló, tan lonxe, é onde se están a tomar as decisión políticas que afectan ás nosas vidas e debuxan o modelo de país para o futuro”. Outro dos problemas abordados durante a xuntanza foi o despoboamento do rural e a emigración que están a sufrir as comarcas do interior.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: