Skip to main content
Xermade

A Biblioteca Municipal de Xermade convoca o Certame de Poesía Infantil Nadal 2017

Por 1 Decembro, 2017Sin comentarios

A Biblioteca Municipal de Xermade convoca o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017” ao que convida a participar a tódolos rapaces e rapazas divididos en tres categorías -A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos-.

Os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión dun máximo dun folio por unha soa cara.

O prazo de presentación rematará o 23 de decembro.

As poesías gañadoras desta fase local participarán na fase provincial do Certame convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.