Música, espectáculo e obradoiros infantís para este Nadal en Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba prepara diversas actividades lúdicas e culturais para este mes de decembro que comezan o sábado 2 co espectáculo "Unha tarde na ópera" no auditorio municipal e o domingo 3 coa celebración da I Andaina Solidaria da Cruz Vermella e rematan o 31 coa III San Silvestre Vilalbesa.
A concelleira Cheri Grandío presentaba a programación cultural para o Nadal 2017
1 Dec 2017

O Concello de Vilalba prepara diversas actividades lúdicas e culturais para este mes de decembro que comezan o sábado 2 co espectáculo "Unha tarde na ópera" no auditorio municipal e o domingo 3 coa celebración da I Andaina Solidaria da Cruz Vermella e rematan o 31 coa III San Silvestre Vilalbesa.

Trala celebración da II Gala do Deporte Municipal o venres 8 de decembro, o venres 15 Café Quijano ofrecerá un concerto no auditorio vilalbés para o que xa están as entradas esgotadas dende fai meses. No mesmo escenario desenvolverase o tradicional Festival de Nadal co Conservatorio de Vilalba o domingo 17 de decembro a partir das oito do serán.

O xoves 21 será un dos días fortes do Nadal en Vilalba coa celebración da Feira do Capón tal e como acordaron os propios criadores para deixar paso ao espectáculo de "El lago de los cisnes" a partir das oito e media no auditorio municipal. O venres 22 celebrarase unha nova "Noite Aberta" nos comercios vilalbeses e Os Bolechas visitarán o auditorio a partir das seis da tarde -cun prezo da entrada de 12 euros anticipada ou 15 na billeteira para os maiores e 5 euros para os máis pequenos e pequenas-. A partir das sete e media na Casa da Cultura celebrarase o cuarto Recial Poético Solidario Internacional.

O sábado 23, coincidindo coas ceas de xeración, o Concello organiza a Festa da Xuventude co grupo América na Praza da Constitución.

O domingo 24 Papá Noel estará no templete da praza da Constitución e o luns 25, a Banda de Música ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal no auditorio.

De novo os máis pequenos e pequenas serán os protagonistas no espectáculo de Pinocho o xoves 28 de decembro no auditorio municipal a partir das seis da tarde por un prezo de 5,80 euros.

E o venres 29 o Concello de Vilalba fará entrega a Xulio Xiz da medalla de ouro no auditorio municipal a partir das oito e media do serán.

Xaneiro
Esta programación de Nadal ampliarase ata xaneiro co poboado de Nadal que permanecerá instalado na praza da Constitución entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro, día da celebración da Cabalgata de Reis.

Ademais, o xoves 4 ofrecerá no auditorio municipal un concerto a orquestra Filarmónica e o domingo 7 a Polifónica Vilalbesa propón unha nova edición do Festival de Panxoliñas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17151784896851