Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza continúa a renovar o parque móbil

Por 4 Decembro, 2017Sin comentarios

O Concello da Pastoriza adquire un tractor con dúas desbrozadoras e un camión de obra.

O Concello da Pastoriza continua coa renovación do parque móbil grazas á colaboración da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e aos fondos do Plan Único da Deputación.

Cunha subvención de 90.000 euros da consellería de Medio Rural, o Concello adquiría un tractor novo con dúas desbrozadoras, unha de arrastre e outra de brazo. Trala presentación de seis ofertas, a máis vantaxosa foi a de Edita Rico Carballal que ofrece un maior prazo de garantía, melloras no propio vehículo, así como outras melloras que tamén se valoraban nos pregos de condicións.

E con fondos do Plan Único da Deputación adquiría un camión de obra que substituirá a outro moi antigo e que non dispoñía das prestacións básicas necesarias para poder traballar en terreos mollados e pendentes. “Este camión utilizarase ao longo do ano na limpeza e mantemento de varias vías municipais”, segundo explica a tenente de alcalde, Elva Carrera.