Skip to main content
ActualidadeXermade

O libro ‘Premio Xermade na Historia’ recolle os traballos de investigación premiados no 2015 e 2016

Por 13 Decembro, 2017Sin comentarios

Coordinado por José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación veciñal de Cabreiros; Jesús Rodríguez Rodríguez, mestre na Universidade de Santiago de Compostela e veciño de Cabreiros; Manuela Vilaboy Romero, Educadora familiar do Concello de Xermade; e Xoán Ramiro Cuba Rodríguez (Deputación de Lugo), o libro “Premio Xermade na Historia” será presentado o sábado 16 de decembro a partir das once e media da mañá no local social da Asociación Veciñal de Cabreiros.

A publicación de 346 páxinas, editada pola Deputación Provincial, recolle os traballos de investigación premiados no 2015 e 2016 no primeiro e segundo Premio Xermade na Historia -“Xermade castrexa e galaico-romana” de Javier Gómez Vila, María del Mar Neira González e Rubén Borrajo Santos; “A neveira de Lousada no camino Mondoñedo-Ferrol (Pasado, presente e futuro)” de Yesmina Seijas Álvarez e Sofía Paleo Mosquera; “Dúas historias escritas en carbón. Arqueoloxía e arqueobotánica de estructuras relacionadas co carboneo e o procesado do mineral en Folgoso (Xermade-Lugo)” de María Martín Seijo e Andrés Teira Brión; “A igrexa de Santo André de Lousada: Arte e arquitectura” de Silvia Blanco Angüeira e “Escolma do patrimonio cultural da auga no concello de Xermade: Muíños, batán e fábrica da luz” de Ramón Cedrón Díaz e Antonio Riveira Requeijo.

O deseño da cuberta foi realizado por Elena Pena Basanta, estudante de arquitectura e veciña de Cabreiros. O prólogo que precede aos traballos corre a cargo de D. Roberto García Pernas, alcalde do concello de Xermade.