Os comercios vilalbeses sortean premios durante este Nadal

Os establecementos comerciais de Vilalba participan na campaña ‘Merca e gaña polo Nadal’ que impulsa a Federación de Comercio de Lugo e coa colabora a Asociación de Empresarios Sete Pontes para desenvolverse entre o 6 de decembro e o 6 de xaneiro.

Deste xeito, entre os clientes que merquen nesta datas algún artigo dos establecementos participantes, participarán no sorteo de 10.000 euros en premios -distribuidos en 20 tarxetas prepago de 300 euros e 20 de 200 euros- que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais lucenses.

Os clientes poden participar rexistrando a súa compra en www.nadalmercaegana.com ou coa colaboración do comerciante a través da plataforma www.mercaegana.com/comercios onde pode rexistrar directamente a compra dos clientes. Deste xeito, o consumidor duplica a participación no sorteo. En calquera caso, o cliente debe fotografiar ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

O sorteo realizarase ante notario o 12 de xaneiro.

Etiquetas