Talleres de memoria e ocio e tempo libre na Pastoriza e Bretoña

A tenente de alcalde do Concello da Pastoriza, Elva Carrera, informa sobre a posta en marcha de dous talleres de tempo libre.

A primeiro deles, o “taller de memoria” desenvolverase na Casa da Música da Pastoriza tódolos mércores a partir do 3 de xaneiro en horario de catro e media a seis da tarde; mentres que o segundo, de ocio e tempo libre en Bretoña, será no teleclub tódolos martes a partir do 2 de xaneiro en horario de cinco e media a sete da tarde.

Etiquetas