Skip to main content
ActualidadeCospeito

O PSOE de Cospeito pedirá no Pleno modificacións na convocatoria dunha praza pública e presentará varias preguntas

Por 15 Decembro, 2017Xaneiro 5th, 2018Sin comentarios

O grupo municipal socialista do Concello de Cospeito solicitará  no próximo pleno a modificación das bases que han de rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna vertical, dunha praza de funcionario de carreira vacante no Concello de Cospeito e incluida na oferta de emprego público de 2017 e que aparece no BOP do 31 de outubro.

Os socialistas consideran que as modificacións son necesarias para que exista unha transperencia e equidade no proceso selectivo.

Por outra banda, no mesmo pleno presentará unha serie de preguntas dirixidas ao equipo de goberno sobre canto recauda o Concello de Cospeito anualmente de Canon de auga para a Xunta de Galicia, diferenciando o de cota fixa e cota variable.

Tamén quere saber que tipo de titularidade teñen unhas parcelas do polígono sobre as que se acordou levantar un reparo de intervención en novembro e sobre unhas facturas de Viesgo de 2016. Finalmente interesaranse pola pista dE Regueiriña, en Muimenta.