Programación da Feira do Capón de Vilalba

Xoves 21 de decembro de 2017

Ata ás 9:00 horas, entrada dos capóns no recinto feiral.
Ás 10:00 horas apertura da feira ao público.
Ás 12:30 horas entrega de premios aos mellores criadores.

A xornada estará amenizada por a Charanga de Vilalba e a Banda de gaitas Mato Vizoso.

Dende o día 20 ao 23 de decembro

Xornadas Gastronómicas do Capón de Vilalba.

Poderase adquirir prodetos típicos da zona (queixo de San Simón dá Costa, Roscón, roscas, e outros produtos artesanais), no recinto feiral situado na Praza da Constitución nunha gran carpa instalada no centro da praza.

El lago de los Cisnes

O próximo día 21 de decembro, o auditorio Carmen Etévez de Vilalba acollerá o ballet “El lago de los Cisnes” a cargo do ballet de kiev, obra en tres actos, con música de Piotr Ilich Tchaikovsky, con coreografía de Coreografía de Marius Petipa y Lev Ivanov.
A función, que comezará ás 20.30, contará con máis de 50 artistas sobre o escenario.
As entradas xa están á venda en Ataquilla.com e na Casa da Cultura ao prezo de 12 € anticipada e en taquilla a 15€, os nenos ata 15 anos con entrada única de 5 €.

IV Recital Poético Solidario Internacional

Baixo o lema “Verso, ¿que traes? Esperanza”, o vindeiro venres, 22 de decembro a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Vilalba celebrarase o IV RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL. Organizado polo portal dixital Culturalia GZ e en colaboración con Cruz Vermella Vilalba e o Concello de Vilalba, tentarase recadar a maior cantidade de fondos para a Campaña de Xoguetes, “Os seu dereitos en xogo”, que anualmente leva a cabo a mencionada Cruz Vermella.

As entradas están a disposición das persoas interesadas na Casa da Cultura. O prezo das mesmas será de 5€, agás para os/as nenos/as até unha idade de 12 anos, cuxa entrada será de balde.

A listaxe de poetas participantes acadará practicamente a vintena, con nomes coma Marica Campo, Xosé Otero Canto, Toño Núñez, Antón de Guizán, Fátima Fenández, María Xosé Lamas, Beatriz Dourado, Lois Pérez, Pilar Maseda, Daniel Irimia, Xesús Bermúdez Tellado, José Carlos Ulloa García, Adolfina Mesa, Paco Ledo, Ana Vila Portomeñe, Montse González Álvarez… Ademais haberá uns intermezzos musicais a cargo de Néstor González que nos interpretará unha serie de pezas ao piano eléctrico.

Tamén se solicitou aos poetas que van recitar a cesión dun libro propio ou doutra autoría como agasallo para as persoas que resulten gañadoras no sorteo final que se fará entre todas as entradas mercadas polos asistentes.

Os Bolechas, Un conto de Nadal

Os Bolechas, “Un conto de Nadal” este venres 22 de decembro ás 18h no auditorio municipal Carmen Estévez, con entrada gratuíta.
Desta volta, os seis intrépidos irmáns e o seu can Chispa terán que resolver un misterio que pode deixar os cativos e cativas de Galicia sen os agasallos que tanto tempo levan agardando. E é que se perdeu o camelo en que os Reis Magos traían todos os galanos. Conseguirán atopalo a tempo? Seguro que, coa axuda do público, serán quen de facelo.
É preciso coller a entrada en Ataquilla.com ou na casa da Cultura, para controlar o aforo.

Etiquetas