Obradoiro de teatro na parroquia de Cirio (Pol)

A Asociación PolKA Pol Cultura Aberta organiza un obradoiro de teatro na parroquia de Cirio en Pol. Trátase dun taller teatral intensivo a realizar en dous fins de semana, o do 20 e 21 de xaneiro e o do 24 e 25 de febreiro. Tratarase neste taller sobre improvisación extrema co achegamento ao método Stanislavsky. Nesta xornada estudaranse técnicas de intrepretación, ademais de realizar exercicios prácticos e de creatividade.

Etiquetas