Exposición de arte José Domínguez Guizán

A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle a mostra de pintura coas 13 obras presentadas á XXVIII edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha cita que se enmarca no programa de actividades ao abeiro do Belén de Begonte, evento declarado de interese turístico galego.

A inauguración desta mostra contou coas intervencións do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión, do promotor da mostra, Xulio Xiz e do alcalde de Begonte, José Ulla. O certame está organizado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán que tamén convoca outros concursos de poesía, de xornalismo e de debuxo entorno a Begonte e, en xeral o Nadal en Galicia.

Etiquetas