Charla sobre certificados de profesionalidade en Xermade

O Concello de Xermade organizará unha charla de asesoramento sobre Certificados de Profesionalidade para o recoñecemneto das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

A charla terá lugar o martes 9 de xaneiro, ás 4 da tarde, na Biblioteca Municipal de Xermade.

Poderán participar todas as persoas que esten en procesos de acreditación para obter os Certificados de Profesionalidade e tamén para o resto da cidadanía. A ponencia estará a cargo de  Natalia Barro Rochela, asesora da Xunta de Galicia nesta especialidade.

Os que desexen información sobre a charla poden solicitala na segunda planta do Concello ou no teléfono 982 501 001, extensión 3.

Etiquetas