Skip to main content
ActualidadeCospeito

14 agraciados no sorteo do Mercado de Nadal de Muimenta

Por 8 Xaneiro, 2018Sin comentarios

Trece negocios do Mercado de Nadal de Muimenta entregaron as 14 rifas gañadoras dun vale de 100 euros entre as catorce mil que se repartiron este Nadal. Os boletos gañadores, terminados todos en 685, foron entregados en Calzados Iglesias, Desexos, Discoteca Hermo, Estanco José Raúl Rodríguez Vázquez, Fisioterapia Nancy Maseda, Mercedes Abelleira Riveiro, Óptica Filo, Panadería Hermo, Perruquería Raquel, Perruquería Vélica, Veterinario José Pena Peteiro, Super Setti e Supermercado Día.

Os agraciados terán de prazo ata o luns 15 de xaneiro para poñerse en contacto cos negocios que repartiron as papeletas gañadoras ou cos membros da Xunta Directiva para facer efectivos os correspondentes vales. Terán de prazo ata finais de mes para facer o gasto.