Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PSOE pide a retirada do lixo acumulado na parroquia vilalbesa de Oleiros

Por 8 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista pide a retirada de forma urxente do lixo acumulado durante semanas nunha das estradas da parroquia vilalbesa de Oleiros logo das queixas dalgúns dos veciños que denunciaron esta situación. Así, os socialistas veñen de solicitar que o Concello proceda á retirada deste vertedoiro incontrolado que pode ocasionar problemas para a veciñanza.

Facendo mención da campaña “Vilalba recicla no nadal” anunciada polo alcade, Agustín Baamonde, en colaboración con Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo en Vilalba para o reparto de manuais de boas prácticas, desde o PSOE subliñan esta iniciativa como “unha boa acción para a concienciación medio ambiental, sempre que os servizos básicos do Concello estean cubertos, cousa que non sucede”, critican. Deste xeito, o edil Luis Fernández sinalou “a doble moral do señor Baamonde, que sae nos medios de comunicación con campañas tan necesarias como que o goberno local cumpra coa obriga básica e necesaria da recollida do lixo nas parroquias”.

Finalmente, desde o Grupo Socialista inciden na “deixadez que o alcalde ten cos asuntos que afectan ao rural”, esperando que as demandas de veciños e veciñas “sexan escoitadas e se actúe en consecuencia”, conclúen.