Viaxe reivindicativo en tren dende Guitiriz

O Concello de Guitiriz organiza o día 19 de xaneiro unha viaxe en tren co que se pretende reivindicar que Guitiriz e Parga conten con máis servizos ferroviarios e liñas regulares de transporte.

Baixo o lema ‘Usando o transporte público’, os interesados farán unha viaxe a Lugo con saída da estación de ferrocarril de Parga ás 10.20 horas da mañá e con regreso á mesma estación ás 20.15 horas.

Durante o tempo que o grupo esté en Lugo, visitarán as instalacións do Vello Cárcere e realizarán un paseo pola Muralla e os restos romanos. A viaxe terá un custe de 15 euros e inclúe transporte, xantar e seguro. Os interesados en anotarse poden facelo no Concello, chamando por teléfono ao 982 370 109 ou no mail info@concellodeguitiriz.com.

Etiquetas