A alcaldesa de Guitiriz visitará a parroquia dos Vilares para entrevistarse cos veciños

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, visitará este martes, 16 de xaneiro, a parroquia dos Vilares para entrevistarse cos veciños dentro do programa O Concello no Rural, posto en marcha polo equipo de goberno para coñecer de primeira man a opinión e necesidades dos veciños, tarefa que resulta complicada pola enorme extensión do termo municipal.

A entrevista deste martes terá lugar en dúas partes. Dende as 17.30 ata as 19.30 o equipo de goberno municipal estará no local da Escola das Reixas para atender individualmente aos que así o desexen. Ás 21.30 horas haberá unha xuntanza no mesmo local da escola para tratar os seguintes temas:

  • Propostas de necesidades concretas nos Vilares ou en todo o concello para elaborar os orzamentos do 2018.
  • Información sobre auga, recollida de lixo, catastro, luz, axuda a domicilio, recollida de animais, obras, etc.

Etiquetas