Xa hai premiados no certame de poesía de Nadal da Biblioteca de Vilalba

O Certame convocado pola Biblioteca Pública do Concello fallou o día 9 de xaneiro os seus gañadores. Na Categoría A gañaron Ana Montenegro, Ana Bello Palomo e Noa Formoso Guzmán, e deuse un accésit a Nicolás Soto-Camino Castelo. Na categoría B os agasallados foron Laura Fraga Paz, Carla Comba Arias e Nerea Villar Ferreiro. Na última, categoría C, gañaron María Cazón Fernández e Carlota Millor Prado. Todos os pequenos recibirán un diploma e uns libros. Os traballos seleccionados participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.

Etiquetas