Achegamento ao grupo Brigan en Begonte

A Casa do Pobo do Castro, Begonte, acollerá unha doble actividade o 17 de febreiro de achegamento ao grupo Brigan.

Ás 18 horas, dará comezo un  obradoiro de percusión do Sur de Italia que se vai centrar nunha introdución relacionada co aspecto histórico-cultural dos instrumentos tradicionais, desde a súa orixe ata a actualidade e, unha segunda parte, adicada á técnica básica de tammorra e tamburello.

Nestas sesións vanse analizar e practicar algúns dos ritmos tradicionais daquelas terras como a Tarantella, a Tammurriata ou a Pizzica. A duración será de aproximadamente dúas horas e media. A inscrición, obrigatoria, pode facerse a través do correo electrónico (castineiromilenario@hotmail.com) ou no teléfono 616705174. O prezo será de 10€ para socios e de 15 para as persoas para o resto do público.

Despois dun pequeno descanso, ás 20:45, o grupo Brigan, fará un pequeno concerto acústico amosando a súa música. Durante unha media hora mostrando os ritmos tradicionais italianos e ibéricos nunha oportunidade única. O concerto estará aberto ao público en xeral e será de balde.

Etiquetas