Biciclistas Galegos fai unha nova ruta pola comarca

Un grupo de rapazas y rapaces dos concellos da Coruña, Lugo, Mondoñedo, Muimenta e Vilalba, entre outros, participaron no itinerario cicloturista organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Biciclistas Galegos. Os cicloturistas visitaron lugares emblemáticos do patrimonio como Saavedra, Rábade, Damil, Begonte ou Penas de Rodas. O percorrido rematou, como adoita ser habitual, cun xantar en Casa Varela de Damil.

Esta actividade enmárcase no calendario anual de recorridos en Bicicleta de Montaña que adoitan levar a cabo Biciclistas Galegos e cos que se pretende dar a coñecer os valores da comarca ao tempo que se desfruta do contacto ca natureza, do deporte e se dinamizan os negocios rurais.

Os vindeiros meses realizaranse actividades similares en Lugo, Abadín, Guitiriz, Vilalba e Xermade.

Para este 2018 Biciclistas ten calendadas 13 actividades entre as que destacan, ademais de distintos recorridos en bici, unha xornada de iniciación á orientación e unha charla sobre adestramento deportivo.

Biciclistas Galegos espera superar as cifras de participación do 2017 que superaron o milleiro de asistentes ás súas actividades.

 

 

 

Etiquetas