Rematadas as obras do parque infantil do colexio de Riotorto

Os alumnos do colexio de Riotorto xa poden disfrutar dun parque infantil nas súas instalacións. O Concello comezou no Nadal, aproveitando a época de vacacións, as obras no parque infantil do colexio, que estiveron financiadas pola Consellería de Educación cun orzamentos de 10.000 euros para a reparación principal dos areeiros. Arranxause tamén o chan, que se cubriu cunha capa de formigón que será recuberta con caucho cando as condicións meteorolóxicas o permitan, para protexer aos nenos de posibles caídas.

Etiquetas