Fernando Villalba recibe o Premio José Domínguez Guizán no certame de arte

O xurado do XXVIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán acordou conceder o Premio do mesmo nome, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a FERNANDO VILLALBA, de Lugo, pola obra “El bosque” (na imaxe).

O premio será entregado no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE, a celebrar o 27 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.

Este certame foi convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, de Begonte, e o xurado estivo formado por Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira (Zalo), pintor; Mamuel Gulín Rodríguez (pintor), e Xulio Xiz Ramil, en representación do Centro convocante.

Etiquetas