Skip to main content
ActualidadeCospeitoSociedade

Entregados os vales do Mercado de Nadal de Muimenta

Por 18 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta fixo entrega de 8 dos 14 vales de 100 euros premiados na correspondente VIII edición do Mercado de Nadal. O número do premio gordo da lotería de reis foi 05.685 e os negocios que repartiron as papeletas rematadas en 685 foron: Calzados Iglesias, Desexos, Discoteca Hermo, Estanco José Raúl Rodríguez Vázquez, Fisioterapia Nancy Maseda, Mercedes Abelleira Riveiro, Óptica Filo, Panadería Hermo, Perruquería Raquel, Perruquería Vélica, Veterinario José Pena Peteiro, Super Setti e Supermercado Día.

As persoas agraciadas por tanto foron: Fernando Devasa, Maribel Corbelle, Beatriz López, Susana, Elvira Franda, Celia Díaz Seoane, Teresa Abuín Feijoo e Concepción Anllo.