Xosé Otero Canto gaña o certame de poesía do Belén de Begonte

O xurado do XLII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal acordou conceder o primeiro premio de poesía, dotado cn 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema Xesús e o Malabarista, presentado por Xosé Otero Canto de Lugo. O segundo, dotado con 300€ e estatuiña de Sargadelos foir para Cántiga de Viaxeiros, presentado por Laura López Esteban, de Lugo.

Pola calidade dos traballos presentados, concédese cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con cadansúa estatuíña de Sargadelos aos poemas:
Nadal de agora e sempre, de Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), de Xanceda-A Coruña.
Panxoliñas ó Belén de Begonte, presentado por María Felicidad Roca Coira, de Trobo-Begonte.
Viva la Navidad, presentado por Lázaro Domínguez Gallego, de Ferrol.

O xurado do XLII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro Cultural “José Domínguez Guizán”, e patrocinado por Abanca, estivo formado por: Jesús Domíng Guizán, poresidente do Centro Cultural convocante; Xavier Rodríguez Barrio, poeta, e Xulio Xiz Ramil, xornalista, que actúa como secretario.

Etiquetas