Compromiso por Galicia solicitará á Deputación información sobre o programa Ben Empregado

Compromiso por Galicia vén de facer á Deputación Provincial de Lugo unha petición formal de información sobre o programa Ben Empregado, tendo en conta o volume de cartos destinados ao memos. Por isto, solicitarán sobre o mesmo unha serie de cuestións:

  • Que se de conta dos mecanismos de seguimento dos distintos plans Ben Empregado: Itinerarios profesionais, taxa de ocupación, calidade do emprego.
  • Que se de conta dos mecanismos utilizados para o informe perceptivo de seguimento así como o método de estudo.
  • Que se diferencie entre colectivos e empresas o informe de colocación.
  • Saber se algunha das entidades beneficiarias foron sancionadas por incumprimento do regulado e cales.
  • Que se faga unha valoración pública do Presidente da incidencia dos distintos planes e cantos postos de traballo indefinido foi creado, tendo tamén en conta a xornada anual.
  • Que mecanismos segue a Deputación para comprobar a correcta aplicacións dos Convenios Colectivos, posto que este organismo non ten competencias en materia laboral e de seguridade social.
  • Que índice de conflitos no eido social se deu en cada convocatoria.

Compromiso por Galicia entende “si soamente é unha axuda puntual que maquilla as cifras do desemprego en Lugo é unha acción clientelar e miserenta, nada progresista e rancia, xogando co diñeiro de todos e todas”.

“A deputación non ten capacidades nin competencias no seguimento da calidade do emprego creado, por iso pedimos esta aclaración, porque temos a sensación de que o PSOE en Lugo está facendo política do mesmo xeito que o seu predecesor na Deputación, de forma clientelar e caciquil, co agravante de ter transformada esta Administración no circo da política galega” sinalou Piñeiro Docampo

Etiquetas