Pablo Núñez gaña o certame xornalístico do Belén de Begonte

O xurado do XLII certame xornalístico Begonte e o Nadal”, convocado polo centro cultural José Domíngez Guizá, decidiu conceder o primeiro premio, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao traballo titulado  Volver a nacer. La sombra del facedor, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González. O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sagadelos, foir par o traballo titulado “Begonte, o noso Greccio”, publicado en El Progreso, por Maria Pilar Campo Domínguez-Marica Campo.

O xurado acordou tamén conceder tres mencións de honra pola calidade dos traballos, dotada cada unha con estatuíña de Sargadelos. Os gañadores foron:

  • “Conto de Nadal: A derradeira viaxe”, publicado en Galicia Digital por Xosé Román Escourido Basanta.
  • “El Belén de Greccio. La tradicción del nacimiento”, publicado en Galicia Digital por Begontina, seudónimo de Beatriz Valcárcel Gómez. 
  • “A lección do Belén de Begonte”, publicado en Galicia Digital por JOSÉ REINALDO POL-Pepe Pol.

Os premios serán entregados o sábado, día 27, a partir das cinco da tarde, dentro dos actos de clausura de O NADAL EN BEGONTE, no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán.

O xurado estivo formado por José uUlla Rocha, alcalde de Begonte; José Domínguez Guizán, presidente do Centro cultural covocante; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria; Xulio Xiz Ramil, xornalista e José Rodríguez Gómez, secretario do Centro cultural José Domínguez Guizán.

Etiquetas