Skip to main content
ActualidadeVilalba

Propostas do BNG ao Pleno do xoves en Vilalba

Por 24 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vilalba presentará este xoves no Pleno unha serie de iniciativas e preguntas dirixidas ao goberno municipal.

Unha das primeiras iniciativas será unha moción de censura na que solicita a instalación por parte do concello de detectores de fume nos fogares de xente que pola súa idade, saúde ou circunstancias familiares podan estar en risco máis evidente de sufrir un incendio ou episodio de mala combustión no seu fogar.

Por outra banda, preguntará tamén cando contarán os veciós do Camiño do Sixto de Sancovade cunha solución para as súas augas residuais. O BNG fai referencia ao escrito que os veciños desta zona presentaron no concello en outono de 2017 solicitando unha solución para as augas residuais que, tras o asfaltado do camiño quedaron pendentes de conexión ás tubaxes de condución as vivendas.

Finalemente, presentará unha moción coa que pretende que o Concello de Vilalba se implique nunha solicitude á Xunta de Galicia para que desenvolva un modelo de financiamento local xusto e equitativo que responda ás necesidades de cada comarca.