Trotabosques fixo unha ruta entre Baamonde e San Breixo de Parga

O grupo de TROTABOSQUES da asociación Nenea medrar creando, que se xunta os cuartos domingos de mes, percorreron un tramo do Camiño de Santiago, desde Baamonde até a Capela de San Alberte de San Breixo de Parga, onde montaron o campamento para xantar e xogar cos elementos da natureza en familia. 14 nenos e nenas de entre 1 e 7 anos, acompañados dos pais e nais, xogaron cos elementos naturais que o bosque e o río lles brindaron nun día no que o tempo se aliou para que o desfrute fora maior. Pero non é a auga ó que lles mete medo ós TROTABOSQUES, xa que van equipados para poder xogar con ela e así fortalecer o seu corpo e a súa mente.

Aproveitaron a ruta para colaborar no mantemento da contorna natural, recollendo lixo e mesmo dun vertedoiro das beiras do camiño. Lamentaron as familias ter que extremar a seguridade e limitar a liberdade de movementos dos nenos e nenas camiñantes ó cruzarse con 4 quads que apareceron de fronte ó grupo.

O seguinte encontro realizarse o domingo 25 de febreiro, ó que están invitadas de balde as familias que desexen vivir unha experiencia saudable e educativa de lecer. Para ampliar esta información se pode visitar o facebook do Grupo Trotabosques ou contactar directamente coa Asociación Nenea medrar creando en info@nenea.es, coñecendo outros proxectos e actividades que se desenvolven nesta mesma liña, diariamente no Espazo Comunitario de Aprendizaxe Activa que teñen en San Xoan do Alto, para nenos e nenas entre 3 e 6 anos, e periodicamente con actividades de formación para familias e persoas vinculadas ó mundo da educación

Etiquetas