Abre o prazo para reservar praza na Moexmu

A comisión organizadora da XXXIV Mostra Exposición de Muimenta abre o prazo para reservar as parcelas no recinto feiral que acollerá esta cita co agro galego.

Para poder facer a inscrición ou solicitar información sobre a mesma, os interesados poden poñerse en contacto coa organización a través do teléfono 982 504002 ou na dirección de correo moexmu@gmail.com. Tamén poderán atopar o contacto na páxima de facebook e no blog.

Os prezos para participar na Mostra, que se celebrará do 6 ao 8 de abril, serán os mesmos que os do ano pasado e a asignación de postos farase por orde de reserva.

Etiquetas