Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras solicita á Deputación o arranxo de 20 quilómetros de estradas

Por 5 Febreiro, 2018Sin comentarios

O Alcalde de Muras, o nacionalista Manuel Requeijo, vén de propoñerlle á Deputación de Lugo a inclusión de catro tramos de estradas para incorporalas no programa provincial de vías e obras deste ano. Trátase das seguintes estradas: o tramo dende A Paleira ao Viveiró, dende A Balsa ata o límite con Ourol (polo Viveiró e por Silán), dende Casateita á Escola de Paio, e por último a estrada que vai dende A Cabana ata A Balsa. O conxunto da reparación solicitada é de máis de 20 quilómetros.

O rexedor manifestou que “estas estradas se atopan nun estado lamentable, e precisan poñerlle man, porque son moitos os anos que levan sen facerlles ningún tipo de mantemento ou mellora por parte do ente provincial, polo que vai sendo hora de que lle toque”. Requeijo confía en que este por fin sexan incluídas no Plan de vías e obras 2018.