Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A nova asociación deportiva e cultural San Xoán creará un equipo senior de futsal

Por 6 Febreiro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz veu o nacementos estes días dunha nova asociación deportiva e cultural que leva ao nome ADC San Xoán de Guitiriz.

Esta nova asociación naceu pola inquietude dos rapaces e rapazas do concello para continuar o labor realizado polas escolas de futsal e acoller a aqueles mozos que entran por idade na categoría senior

Varios pais e empresarios de Guitiriz depois da varias reunións decidieron facer esta nova asociación para cubrir este oco e tamé darlle algo de pulo a o ámbito cultural. A intención dos socios é dinamizar o pobo con diversa actividades deportivas e actos culturais en colaboración co Concello ou con outras entidades e administracións públicas .

Na tempada 2018/19 formarán un novo equipo senior masculino na categoría de Preferente de futsal e tentarán facer o mesmo co feminino polo que todos os interesados en formar parte desta iniciativa teñen as portas abertas para apuntarse.

Esta nova asociación contará con outros proxectos como a creación de equipos noutros deportes ou a celebración do I Maratón Guitiriz Vila Termal, previsto para o 20-21-22 de xullo, que levará aparellada unha churrascadas popular na explanada do colexio, ao lado do pavillón.

No verán teñen previsto facer un campamento no mes de agosto, de catro días de duración, para nenos de 8 a 16 anos, aberto a todos os que queiran.

A partir do mes de maio comezarán o proceso de captación de socios con varias sorpresas e incentivos para eles, e solicitarán ao concello un local na casa Barxa para ter de referencia para os veciños, así como a utilización do pavillón municipal para xogar os partidos en coordinación coas Escolas Deportivas Municipais.

A directiva está formada por 10 persoas con ilusión e gañas de traballar polo deporte e a cultura de guitiriz .