Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira recibiu o ano pasado case 10.000 turistas

Por 24 Febreiro, 2018Sin comentarios

O turismo no concello de Meira ascendeu notablemente neste último ano 2017. As cifras oficiais acadadas pola Oficiña de Turismo destacan que a primavera e o verán son as tempadas nas que se achega máis xente a Meira. Neste último ano houbo case 10.000 visitantes, e mais de 2.000 achegáronse á comarca no mes de agosto, aínda que tamén destacou outubro, cando viñeron case 800 turistas máis que no ano anterior. Como sempre, a maioría dos visitantes nacionais foron galegos, seguidos polos das comunidades de Asturias, Madrid e Cataluña. No panorama internacional destacan as visitas de Alemania, Francia, Inglaterra, Polonia e Portugal.

A comarca destaca polo seu valor en espazos naturais, onde pódese visitar a reserva da biofera Terras do Miño e o patrimonio histórico do Mosteiro de Santa María de Meira, ademais de contar con vestixios arqueolóxicos e o Pedregal de Irimia. Tamén o Camiño de Santiago Norte Interior achega moitos peregrinos á zona, que aproveitan a época estival para disfrutar da Festa da Malla.