O Cercud solicita unha senda peonil entre o casco urbán e a praia fluvial de Baamonde

O Cercud de Baamonde solicitou no Concello de Begonte a creación dunha senda peonil entre o casco urbán e a praia fluvial desta localidade, que ademais conecte coas rutas de senderismo que xa existen pola zona. Nesta solicitude engade tamén a mellora da pista paralela á zona de baño do río Parga.

O Centro Reacreativo Cultural e Deportivo cre que esta idea podería acollerese ás subvencións autonómicas para recursos turísticos do medio rural, xa que ten como finalidade poñer en valor a riqueza histórica, cultural e o patrimonio da zona. Por isto, pinden ao Concello que poña en marcha a solicitude TU501B na Xunta de Galicia, xa que costearía o 100% das obras.

O Cercud lembra nas súas solicitudes que as actuais vías de acceso a estas sendas son tres: un paso a nivel sobre a vía do tren se acceso para vehículos,  outra á altura da estación e unha última baixo a vía que se anega constantemente.

Para este colectivo, unha senda peonil de nova creación proporcianaría maior seguridade aos viandantes, aos bañistas da praia fluvial e o desenterramento da cara norte do muíño.

Etiquetas