Skip to main content
A PastorizaActualidade

Alumnos do IES Fonmiñá de Pastoriza realizan un estudo da igualdade

Por 8 Marzo, 2018Sin comentarios

Os alumnos do colexio IES Fonmiña fixeron unha campaña englobada no Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta, onde o proxecto chamouse O mundo que queremos. Este proxecto contemplaba o estudo da desigualdade e a súa aplicación na vida real.

Así, neste proxecto abordaron o problema do transporte escolar e conseguiron do concellos axudas tras unha campaña reiviendicativa.

O obxectivo do programa é que os nenos aprendan sobre as desigualdades que hai no mundo, e tamén as apliquen na súa vida real, que detecten as deficiencias do seu entorno e que loiten por melloralas.

Os rapaces fixeron unha votacion do que lles parecía mais importante e unhas das cousas máis notorias para eles foi a de loitar pola equidade de oportunidades, suliñando as dificultades que teñen para estudar unha vez finalizada a ESO.

A estes rapaces cando lles toque cursar BAC ou FP, xa que non son ensinanzas obrigatorias, non teñen transporte escolar, e isto implica un gasto importante para as familias.

Para sensibilizar á xente fixeron unha obra de teatro, carteis, e recollida de firmas. Escribieron tamén unha carta ao concello e reuníronse varias veces co alcalde e co secretario e plantexáronlles a idea de axudar a estes nenos que non poden sufragar o gasto anual en transporte, con datos reais de canto custaría financiar o autobús. A raíz desta petición, o Concello sacou unhas becas de  transporte dirixidas a menores de 30 anos según os ingresos familiares. De 700 euros para rendas de ata 9.000 euros anuais, 600 euros para rentas de 9.001 a 12.000, 500 euros para as de 12.001 a 20.000, 400 euros para as de 20.001 a 25.000, 300 euros para rentas de ata 25.001 a 30.00 e 250 euros para rentas de máis de 30.000.