Muras súmase a unha iniciativa para a prevención de lumes

O concello de Muras adiantouse á chegada do calor e o bo tempo e sumouse xa unha camapaña de prevención de lumes que puxo en marcha #sonCortalumes con consellos a seguir e que leva por título Toma medidas.

O obxectivo é conseguir que non se produzan novemente situacións como as vividas no mes de setembro en toda Galicia cunha xeira de lumes que tivo en vilo a toda a pobación e que xerou unhas perdas económicas millonarias.

Toma Medidas é un pequeno proxecto que recolle pautas sinxelas e parten da idea de ser responsables respectando a distancia das plantacións en relación a estradas, zonas de labradíos, gasolineiras… controlar o crecemento da biomasa nas parcelas, evitar o abandono e seguir estritamente as datas das queimas autorizadas.

Estas son algunhas das medidas que o Concello de Muras trasmite aos seus veciños para que vaian facendo os deberes de cara á época estival.

Etiquetas