Muras rehabilita o edificio do Restaurante O Peregrino

O Concello de Muras está inmerso nas obras de rehabilitación do complexo do Restaurante O Peregrino, situado ás beiras do río Eume. As obras consisten nunha rehabilitación integral deste edificio, que data dos anos 90 e que se atopaba en moi mal estado.

Os traballos consistirán na reparación de cuberta e cerramentos principalmente. As obras, que deron comezo no mes de marzo teñen un prazo de execución de tres meses.

Segundo anunciou o alcalde, Manuel Requeijo, o obxectivo é, unha vez rematadas as obras, sacar a subasta a explotación do edificio.

Etiquetas