O Club de Atletismo de Friol acumula máis medallas en Ourense

Os representantes do Atletismo Friol fixeron unha gran actuación o pasado sábado 10 de marzo no Campeonato Galego sub 16 de pista cuberta de Ourense, onde lograban un total de 5 medallas, sendo tres de elas de ouro, unha de prata e outra de bronce.

Noelia Sánchez volvía brillar unha vez máis nesta tempada, e así se proclamaba campioa galega na disciplina dos 3.000 metros lisos, onde facía un rexistro de 10.53 minutos. Pola súa parte, Paula Piñón tamén acadaba o título autonómico ao vencer con autoridade na proba de lanzamento de peso cun mellor tiro de 11.47 metros, mentras que Samuel Castedo tamén facía unha gran proba no concurso de salto de altura e se impoñía cun mellor salto de 1.70 metros.

Pola súa parte, Alejandro Fernández tamén tiña unha gran acutación no salto de altura e lograba o subcampeonato autonómico cun mellor rexistro de 1.67 metros. O último pódium da xornada viña da man de Lucía Varela, que era bronce nos 3.000 metros lisos cun tempo de 11 minutos xustos.  Por último, Jorge Santos era noveno no lanzamento de peso e o seu compañeiro Martín Vran conquería a décima posición.

Etiquetas