Skip to main content
ActualidadeMeira

Proxección de Dhogs no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Por 16 Marzo, 2018Sin comentarios

O Auditorio Gustavo Freire acolleu a proxección da película galega Dhogs coa que colabora o Goberno da Deputación.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, asistiron este xoves, no Auditorio Gustavo Freire, á proxección da película Dhogs, coa que colabora o Goberno da Deputación.

Este filme, dirixido polo meirense Andrés Goteira, foi a gran vencedora dos Premios Mestre Mateo que entregou a Academia Galega do Audiovisual fai unhas semanas con 13 galardóns, entre eles ‘mellor película’.

O relato parte do encontro casual entre un home de negocios e unha muller que bebe soa no bar dun hotel, algo que se transforma nunha espiral de violencia.

O seu director Andrés Goteira (Meira, Lugo, 1983) confesase, influenciado polas películas de Gaspar Noé, os Coen ou Tarantino, e que o seu obxectivo era falar da parte perversa do ser humano, da violencia, en especial da masculina. Ademais de querer incidir na pasividade sumisa e egoísta da xente ante esa perversión, coa que Goteira sen dúbida busca remover a mente do espectador e invítalle á reflexión.