Catro vitorias para o tenis de mesa de Vilalba

Catro vitorias e unha derrota foi o bagaxe da fin de semana no tenis de mesa Vilalbés.

As mozas do Sanjurjo Moda fixéronse coas tres vitorias nos partidos disputados da terceira concentración de segunda nacional feminina celebrada en Vilalba, impuxéronse por tres a cero ante o San Xoán, e 3-1 ante os dous equipos de Narón, o Cidade de Narón e Narón TM, o que lles permite afianzarse no liderado con todos os partidos gañados e á espera da última concentración que se celebrará en Zas o 14 de abril, onde poderá conseguir o título si logra dobregar aos seus rivais.

En terceira nacional o equipo do Basanta Souto desprazouse a Oleiros onde perdeu por 4-1 ante o Breogán Oleiros. É de destacar o gran momento que está a pasar a parella de dobres Jorge e Hugo que dobregan a todos os seus rivais últimamente.

En segunda galega o Basanta Souto A impúxose comodamente ante o Enmacalsa Grumico por 4-0 o que lle afianza na parte media da táboa.

A próxima fin de semana non haberá tenis de mesa en Vilalba posto que o Basanta Souto de terceira descansa e o Basanta Souto A de segunda galega desprázase a Oleiros con dobre partido contra os dous equipos de Oleiros.

Etiquetas