Os escolares de loita tamén tiveron as súas medallas

Bos resultados para os deportistas chairegos nos campionatos de España das categorías Escolar e Cadete celebrados no Pavillón Municipal de Pontevedra. Na xornada de mañá tivo lugar a disputa da categoría escolar na que Vilalba contou coa representación en libre olímpica de Samuel García Miragaya en menos de 52 kg e de Martín Pena Lamas en menos de 85 kg. Ambos os dous acadaron sendas pratas destacando a de Samuel nunha categoría moi concorrida e na amosou durante toda a xornada unha superioridade só cuestionada nunha axustada final na que se impuxo o representante de Andalucía . O vilalbés, que se atopa becado no CGTD de Pontevedra, non puido participar na categoría cadete celebrada pola tarde ao non dar o peso da categoría.

Martín, que tamén acadou a prata, tivo unha categoría menos concorrida o que lle facilitou o acceso á final tras gañar os dous primeiros enfrontamentos e caer na loita polo ouro por superioridade técnica ante o representante madrileño.

Xa categoría cadete, Rubén Fraga Cal non tivo sorte na loita polas preseas ao caer en primeira rolda por superioridade técnica ante o representante de Andalucía e que acabou dominando a categoría, dándolle opcións de loitar polo terceiro posto na repesca. Xa na repesca, Rubén gañou o primeiro enfrontamento por 10-0 aínda que non puido superar ao outro representante galego xa no combate que decidía o bronce acadando así un merecido 5º posto.

Etiquetas