Alumnos de Pol participan na Semana Escolar da Árbore e da Auga

O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, mantivo este martes un encontro cos alumnos e alumnas do ​​CEIP Rosalía de Castro de Pol que están a participar nas actividades enmarcadas na 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga​​, organizada polo Goberno da Deputación, co obxectivo de conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga, que se celebran o​ ​21 e 22 de marzo. 103 centros públicos de Educación Infantil e Primaria da provincia inscribíronse nesta inciativa, nos que un total de 15.651 escolares co seu profesorado realizarán as actividades propostas ao longo da presente semana lectiva. Con esta finalidade a Deputación editou os libros, para uso como manuais, titulados A auga, o dragón e o salgueiro -álbum para non lectores e primeiros lectores-, e A invención do salgueiro -libro ilustrado-, con historias de ficción adecuadas aos cursos de educación infantil e educación primaria respectivamente. Na presente edición a árbore protagonista, que centra as historias, é o salgueiro.

Etiquetas