Vilalba acollerá o Campionato Galego de Judo da fase norte

O Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba acollerá o sábado 24 de marzo o Campionato Galego de Judo, que tradicionalmente se celebraba en Cambre pero que este ano terá lugar na capital chairega. Nesta edición participarán os deportistas da fase norte, que comprenden as comarcas do norte e centro das provincias de Lugo e A Coruña.

O Campionato dividirase en dúas sesións, pola mañá, a partir das 10.30 horas competirán os infantís mentres que os cadetes o farán a partir das 16.30 horas.

As previsións municipais son que neste campionato participen unha media de 250 deportitas, repartidos máis ou menos pola metade en cada unha das dúas categorías. E o obxectivo é conseguir consolidar este tipo de eventos para ano vindeiros.

 

Etiquetas